Friday 26 de April de 2024

O espectáculo Polo Camiño, contos da feira chega no 19 de novembro á Pobra


A compañía A Cova das Letras traerá ó Elma no 19 de novembro, ás 18.30 horas, o espectáculo Polo
Camiño, contos da feira, unha proposta para a cal se empregan títeres de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narra-la historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voa-la imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.
Dáselle así continuidade ó programa de dinamización lingüística FalaRedes 2020, da Secretaría Xeral da Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL),
adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística.
A actividade é de balde e apta para tódolos públicos. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676666263, ben sexa chamando ou por whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día do evento.